Outeiro de Rei presenta a súa XV Feira de Artesanía
Un ano máis, o Concello de Outeiro de Rei conveterase na capital da artesanía coa celebración da súa popular feira, que terá lugar o día 1 de xullo na XV edición dando cabida á maior variedade posible de oficios e de produtos artesanais.
Con esta feira de artesanía pretendese impulsar e dar a coñecer o traballo do sector artesanal permitindo paralelamente promocionar a artesanía local e a dinamización económica e turística do municipio.
Ao cargo da presentación desta cita festiva estivero o alcalde, José Pardo Lombao.
A Feira de Artesanía de Outeiro de Rei terá lugar o sábado durante toda a xornada, con horario de peche ás 21:00 horas e de apertura ás 12.00 horas aínda que haberá unha actividade previa.
Polo de pronto está prevista a participación de preto de 90 postos, que na actualidade teñen confirmada asistencia, 62 de artesanía e 18 de alimentación.
Na sección de artesanía poranse á venda produtos de cerámica, cestería, artesanía da madeira, gancho e calceta, xoiaría, coiro, instrumentos de música tradicional, traxes rexionais, ferro, artesanía téxtil e complementos de moda, decoración, xogos de enxeño, cosmética natural e xabóns naturais, bixutería, esmaltes, cantaría, macramé, bolillos, manualidades, antigüidades, etc. Paralelamente, na sección de alimentación ofertaranse mel, produtos de panadería entre os que se atopa a fatiña de castaña, embutidos, queixos, chocolates, doces, viños e licores,…
O PROGRAMA
O programa da feira iniciase coa II Andaina solidaria do Concello de Outeiro de Rei, organizada pola asociación Somos unidos por el cáncer. Está prevista a saída da praza do Concello ás 10:30 horas cun percorrido circular de 6 km cunha dificultade baixa. A recadación irá destinada integramente a esta asociación para os seus fins sociais. As persoas interesadas en participar poderán realizar as súas inscricións a través da plataforma bizum, teñen un custe de 3 euros e haberá que deixar constancia do ingreso no tfno. 636 511 928 achegando nome e apelidos, xustificante do ingreso xunto ao concepto: carreira outeiro.
Ao longo da xornada haberá demostracións en vivo de oficios tradicionais: as olarías de tradición de Sober e Buño estarán presentes e varios artesáns máis representando diferentes oficios (cestería, ferreiría, tallado en madeira, …), entre eles O Ferreiro de Xeré. Tamén haberá unha representación da asociación Bolboretas Fiandeiras que realizarán fiado de lá e membros da asociación Corazóns Artesáns con exhibición de macramé, bolillos… moitos postos da feira contribuirán tamén á vistosidade da mesma facendo demostración dalgún dos traballos que realizan a cotío na elaboración das pezas que despois venden nestes mercados.
A partir das 12:00 horas, están previstos varios obradoiros dirixidos aos máis pequenos concretamente a un público infantil con idades comprendidas entre os 5 e os 12 anos. O Campo de Santa Isabel será o espazo que acolla unha emocionante tirolesa e varios obradoiros, entre eles, un de xogos tradicionais (socatira, pita cega, carreira popular de sacos, a mazá, mazurcas...) e unha ximcana de xogos cooperativos.
Á mesma hora terá lugar a apertura dunha exposición sobre traxe rexional galego, traxes realizados polo obradoiro artesán lucense Traxandaina; a exposición poderase visitar ao longo da xornada e ata o día 3 no Hotel Casas da Fortaleza, instalación turística de recente apertura na vila de Outeiro de Rei.
Ademais, dende primeira hora da mañá haberá un punto solidario de recadación de fondos para mercar un can de asistencia para Rodri, un neno de Outeiro de Rei con autismo. A recadación obtida durante a xornada froito da venda de diferente merchandaising será ingresada na conta que aberta para este neno pola entidade sen ánimo de lucro Dog Point, especializada en adestramento, acollemento e seguimento de cans de servio para nenos e nenas con TEA.
A partir das 13:00 h no campo de Santa Isabel, nas inmediacións do circuíto deportivo, está prevista a demostración de traballos forestais con motoserra. As persoas participantes traballarán sobre troncos de madeira que se converterán en esculturas que serán repartidas entre o público infantil e tamén haberá charlas explicativas sobre a seguridade nos traballos forestais.
Para ese día están previstas tamén varias actuacións. Así ás 12:00 h o grupo de música tradicional Nubeiro de Lugo estará na inauguración da feira e animando as rúas da mesma no tradicional pasacalle; ás 13:00 horas actuará diante da casa consistorial a banda municipal de música Sons e Soños dos concellos de Begonte, Outeiro de Rei e Rábade; ás 17:30 haberá animación musical polas rúas da feira a cargo de Nubeiro e do grupo de cantos de taberna Son de Outeiro.
Igualmente, a partir das 13:00 h, no campo de Santa Isabel terá lugar a tradicional concentración de coches clásicos.
Nesta mesma zona, á entrada do campo de santa isabel, instalarase por cuarat vez un punto de adopción canina a cargo da empresa outeiresa Garatuxa, que está ocupándose a través dun convenio dos cans que recolle o Concello no seu termo municipal. As adopcións que se realicen non terán ningún custe para a persoa que adopte que recibirá ademais algún agasallo destinado á alimentación e coidado do can adoptado.
Como nas pasadas edicións, haberá posibilidade de xantar a partir das 13:30 horas na carballeira do campo de Santa Isabel ben baixo carpa, onde a comida será servida polo restaurante González ou no propio campo nas tradicionais merendas.
OUTRAS ACTIVIDADES
Por terceiro ano a feira ofrecerá a posibilidade de realizar paseos en kaiak polo río Miño, en horario de 16:30 a 19:00 horas e de forma gratuíta. Esta Actividade estará guiada polo club de piragüismo Cidade de Lugo e para participar nela é preciso ter 7 ou máis anos e saber nadar.
Ás 17:30 h sairá un bus turístico das proximidades da casa consistorial que visitará o campo da feira e as Penas de Rodas en Gaioso, a igrexa de Robra e o salto do Piago. O percorrido finalizará coa visita á casa-museo Manuel-María.
A partir das 12:00 horas, están previstos varios obradoiros dirixidos aos máis pequenos concretamente a un público infantil con idades comprendidas entre os 5 e os 12 anos.
As prazas son limitadas polo que para participar nesta actividade gratuíta é necesario inscribirse previamente o día da feira na caseta do Concello instalada nas inmediacións da casa consistorial.
Ás 18:00 h, ao lado da capela de Santa Isabel terá lugar unha exhibición e actividade participativa de tiro con arco a cargo da Escola Lucense de Tiro con Arco representada por Alfonso Fernández, adestrador nacional e presidente da entidade.
Media hora máis tade, na praza da vila haberá un espectáculo familiar de maxia a cargo do mago outeirés Manuel Lamas, que terá unha duración aproximada de 60 minutos.
Ao igual que nas pasadas edicións, realizarase o sorteo dun total de 2o premios de 50 euros cada. Cada establecemento admitido pola organización da feira terá 40 rifas que repartirá entre os seus clientes. Este sorteo é unha iniciativa máis, dentro do programa de eventos que contempla a celebración desta feira, co que se pretende animar á xente a que veña a coñecer este evento premiando a realización de compras en calquera posto.
O sorteo terá lugar ás 21:30 horas na caseta do Concello.
Ao longo da xornada, e ata esgotar existencias, repartiranse sen custo económico cadernos conmemorativos da feira que se poderán personalizar co nome da persoa que se desexe na caseta da empresa Laser Lucus situada na rúa D. Para obtelas será requisito responder correctamente a unha pregunta sobre Outeiro de Rei que o persoal do Concello realizará á persoa interesada.