Outeiro de Rei presenta o vídeo co título 'Coidadoras' polo 8M

LugoXa | TerraChaXa
O acto celebrarase as 17:00 horas na Casa da Cultura de Outeiro de Rei con unha posterior charla-coloquio
presentacion-actividades-muller-outeiro-de-rei
6 Mar 2025

O sábado 8 de marzo, terá lugar no concello de Outeiro de Rei, a presentación do vídeo Coidadoras con motivo da celebración do Día Internacional da Muller.

Nesta ocasión, o concello de Outeiro de Rei quere recoñecer o importante traballo que desempeñan as mulleres que se dedican ao coidado das persoas maiores ou de calquera persoa dependente, mulleres que coidan dos seus familiares ou persoas do seu entorno, mulleres que asumen o rol do labor dos coidados por cuestións de xénero, coidados que sosteñen o día a día de moitas persoas e familias.

O acto celebrarase as 17:00 horas na Casa da Cultura de Outeiro de Rei con unha posterior charla-coloquio.

Arrancou no concello de Outeiro de Rei a vixésimo quinta edición do Programa de Actividades de Promoción da Muller 2025. Aínda que a programación vai destinada ás mulleres, algunha das actividades previstas estará aberta á participación dos homes.

Entre as actividades celebrouse unha viaxe á Feira do Cocido de Lalín o 23 de febreiro. No apartado de obradoiros, farase un de coidado de coidadores, outro de solo pélvico e un terceiro de alimentación saudable. Con continuidade están previstos de taichí, teatro e restauración de mobles.

A programación completarase, xa no segundo semestre do ano, coas actividades de cestería creativa con fibras vexetais, repostería, educación financeira. Con motivo do 25 N, volverá repetirse a Andaina contra a Violencia de Xénero. Ademais, o propio día 25 de novembro, está previsto o obradoiro Manexo do Estrés e da Ansiedade.

⚙ Configurar cookies
0.094806909561157