Outeiro de Rei rende homenaxe ao párroco de varias parroquias Ramón Revuelta Refojo

LugoXa | TerraChaXa
A xornada incluíu unha comida de confraternidade que tivo lugar no Restaurante González
homenaxe-parroco-ramon-revuelta
16 Dec 2025

Con motivo da xubilación de Ramón Revuelta Refojo, ata agora párroco de San Pedro de Martul, San Cipriano de Aspai, San Vicente de Candai e Santa María de Vicinte, en Outeiro de Rei, celebrouse un emotivo acto de homenaxe para recoñecer unha traxectoria marcada pola dedicación ao servizo pastoral e ao acompañamento continuo das comunidades parroquiais.

O encontro tivo lugar o sábado 13 de decembro e contou cunha comida de confraternidade no Restaurante González, á que asistiron preto de 90 persoas, entre representantes da Igrexa, familiares, amizades e veciñanza, que quixeron expresar o seu agradecemento e estima ao sacerdote nesta nova etapa da súa vida.

Ao longo do acto fíxoselle entrega dunha placa conmemorativa en recoñecemento ao seu labor e compromiso ao longo dos anos, unha distinción que foi entregada por Mario Vázquez, vicario xeral da Catedral.

A xornada desenvolveuse nun clima de proximidade e agradecemento, no que se destacou a importante pegada humana e espiritual que Ramón Revuelta deixa nas parroquias ás que serviu durante tantos anos.

⚙ Configurar cookies
0.083923101425171