Outeiro de Rei repartiu máis de 2.000 euros en premios este Entroido

LugoXa | TerraChaXa
O concurso premiou a creatividade e orixinalidade dos participantes en varias categorías
entroido-disfraces-outeiro-de-rei
11 Mar 2025

Un ano máis, a praza da vila de Outeiro de Rei encheuse de cor e alegría coa celebración do XXVI Concurso de Disfraces, que tivo lugar o pasado domingo. O evento contou cunha gran afluencia de público e estivo amenizado polo dúo D’Caché Music e unha batucada, que puxeron ritmo a unha xornada festiva.

O concurso premiou a creatividade e orixinalidade dos participantes en varias categorías. Na modalidade de comparsas, o primeiro premio foi para Cazabichos, seguido de Dando as Notas e Priscinetes. Na categoría de parellas, Alto ao Ratón Glotón levou o primeiro posto, mentres que La Patrulla Canina quedou en segundo lugar.

En disfraces individuais, o primeiro premio foi para Iron Man, e o segundo para Ave del Paraíso. Na categoría infantil, os galardóns foron para La Cobra Carnavalera e A Sirenita.

O premio especial á mellor comparsa de Outeiro de Rei foi para Circo de Outeiro, mentres que o xurado outorgou premios especiais a Un Bosque Animado, El Tren de los Amigos e Explosión de Colores.

O certame volveu ser un éxito de participación e puxo en valor a tradición do Entroido no municipio, enchendo as rúas de imaxinación, música e diversión.

 

⚙ Configurar cookies
0.096266031265259