Pablo Abuín, novo responsable local do BNG do Corgo

LugoXa
A Asemblea Local do BNG aprobou a responsabilidade de Pablo Abuín Cedrón, que substitúe no cargo a María Abuín Sanfiz como anterior responsable local
Pablo-Abuín-responsable-BNG-O-Corgo
17 Dec 2024

Pablo Abuín vén de ser escollido como novo responsable local do Corgo, como parte da renovación dos órganos de dirección do BNG dentro dos traballos posteriores á XVIII Asemblea Nacional do BNG.

Deste xeito, a Asemblea Local do BNG aprobou a responsabilidade de Pablo Abuín Cedrón, que substitúe no cargo a María Abuín Sanfiz como anterior responsable local, que segue como vicerresponsable local.

A asemblea agradeceu a María todo o traballo feito nestes anos como responsable local, posto de ocupaba dende o 2022, e esta agradeceu a cohesión organizativa da equipa de traballo, o traballo feito nos procesos electorais e a activa participación en actos, mobilización e vinculación co asociacionismo por parte de la militancia .

Pola súa parte, o novo responsable sostivo que "afronto este novo reto con ilusión e co ánimo de expandir o proxecto do BNG a nivel local”. Pablo Abuín agradeceu a confianza depositada pola militancia e manifestou que “quedan por diante moitos retos que afrontar nun concello gobernado por políticas inmobilistas, totalmente estancado e incapaz de resolver os problemas que sofren os veciños".

⚙ Configurar cookies
0.18758511543274