Pablo Figueras será o candidato do PP á alcaldía de Castroverde

LugoXa
Pablo Figueras será o candidato do Partido Popular á alcaldía de Castroverde nas vindeiras elección municipais de maio
Pablo Figueras Castroverde
24 Feb 2023

Pablo Figueiras Reguera é o novo candidato do Partido Popular de Castroverde para optar á alcaldía nas vindeiras eleccións municipais.

Figueiras Reguera, natural de Castroverde, trasladou os seus agradecementos á dirección provincial "pola confianza depositada nel para intentar recuperar un concello que leva anos estancando con este alcalde”.

Figueiras márcase como obxectivo principal a "recuperación da alcaldía para renovar Castroverde a través do fomento de certos sectores que axudarán a recuperar o esplendor que xa tivo no seu momento".

Neste sentido, o empresario expresa a súa “ilusión e responsabilidade por ter a oportunidade de facer de Castroverde unha referencia a nivel provincial e traballar
polos veciños e veciñas".

Desde a dirección provincial amosan un apoio incondicional ao proxecto de Figueiras. “Cremos que é a persoa indicada para recuperar a alcaldía, representa
os valores de Castroverde e sabemos que dará o mellor de si para lograr un cambio de rumbo político no Concello”, apuntan.

0.098407030105591