Pablo López, xogador da Escola Luguesa de Xadrez, impúxose no XXI Torneo Cidade de Lugo

Pablo López, xogador da Escola Luguesa de Xadrez, impúxose no XXI Torneo Cidade de Lugo despois de sete intensas roldas e cedendo soamente un empate. Partía como claro favorito pola gran diferenza na clasificación internacional co resto de participantes.
O segundo clasificado foi José Otero, xogador da Coruña, e que foi o único que logrou puntuar co campión do torneo tras unha partida moi igualada. José logrou cinco puntos e medio de sete posibles e un ascenso de 35 puntos na clasificación internacional.
O terceiro clasificado foi o mozo xogador Uxío Vilariño, que logrou tamén cinco puntos e medio, cun xogo moi "activo e agresivo como é frecuente nel", explican desde Xaquedrum.
Neste torneo participaron corenta e un xogadores de toda Galicia, e o club con máis participantes foi a Escola Luguesa de Xadrez. No torneo repartíronse máis de 1300 euros entre os mellores clasificados.