Pablo Rivas recolle o bastón de mando de Portomarín de mans de Juan Serrano

LugoXa
Pablo Rivas tomou posesión oficialmente como alcalde de Portomarín. Aos seus 32 anos, o popular convírtese no alcalde máis novo da provincia.
pablo rivas alcalde portomarin
7 Nov 2021

Pablo Rivas tomou onte posesión oficialmente como alcalde de Portomarín. Aos seus 32 anos, o popular convírtese deste xeito no alcalde máis novo da provincia.

Rivas sucede no posto a Juan Serrano, que anunciou a súa dimisión o mes pasado. Tomou posesión precisamente nun pleno extraordinario celebrado coa presenza de todos os concelleiros e no que non houbo sorpresa na votación que respaldou ao antigo tenente de Alcalde como máximo mandatario da vila.

O acto tivo unha grande dose de emotividade por parte do sucedor e de Serrano, que deixa o cargo de alcalde e pasa a ser senador polo partido.

0.19986987113953