Pájaro Films estrea a curta 'Saír do Limbo' cunha proxección aberta ao público en Lugo

LugoXa
O equipo e o elenco acompañarán a presentación no Vello Cárcere nunha cita gratuíta ata completar aforo
curtametraxe-Sair-do-Limbo-Lugo
26 Mar 2026

O proxecto artístico e audiovisual Pájaro Films, impulsado por Martín Rothardt e Antón Rodríguez, presentará a súa nova curtametraxe “Saír do Limbo” o vindeiro 3 de abril no Vello Cárcere de Lugo, ás 17.00 horas, nunha sesión aberta ao público con entrada gratuíta ata completar aforo.

A proxección contará coa presenza do equipo creador e do elenco da peza, integrado polos actores David Rodríguez e Carlos Rebolo, que acompañarán ao público nesta estrea.

A curta propón unha historia marcada polo humor e a orixinalidade, na que se aborda a xestión das almas nun espazo simbólico como o Limbo. O argumento segue a Suso, un mozo que chega a este lugar e é recibido por un funcionario apático encargado de decidir o destino das almas.

Cando o protagonista rexeita aceptar a súa situación, o burócrata, aburrido da rutina, decide entreterse ofrecéndolle unha peculiar lección, dando lugar a unha narración que mestura reflexión e comedia nun contexto singular.

0.13479614257812