Palas avanza na chegada da fibra óptica ás parroquias do municipio
O Concello de Palas de Rei está a traballar para achegar a fibra óptica ás parroquias do municipio, nunha aposta pola mellora das conexións de datos e acceso a internet na zona rural.
O alcalde da localidade, Pablo Taboada sinalou que o Concello colaborará facilitando pasos, canalizacións e apoios en postes de alumeado público, así como, na instalación de novos tendidos para achegar a fibra óptica a maioria de lugares do municipio.
A empresa que executa estes traballos, e que xa ten despregado o servizo de red no casco urbano de Palas de Rei, comenzará este importante despriegue de xeito progresivo durante os vindeiros meses, agárdase rematar a instalación completa antes da vindeira primavera.
Neste caso, a operadora que comercializa coa empresa executadora, anunciou que disporá de novas instalacións en Palas de Rei, e logo das diversas conversas mantidas co alcalde, Pablo Taboada, comenzarán os estudos para a construcción en Palas de Rei dun Centro de almacenamento de datos centralizado que dará servizo a toda a comunidade autónoma galega.