Palas celebra o venres a Festa da Xuventude no Camiño
O Concello de Palas de Rei celebra o vindeiro venres, 8 de xullo, a décimo cuarta edición da Festa da Xuventude no Camiño. Así o presentou onte o presidente da Asocaición da Xuventude de Palas, Manuel González Galego, xunto ao alcalde da localidade, Pablo Taboada.
A Festa da Xuventude volverá con forza logo dun parón de dous anos sen poder celebrarse por mor da pandemia. Unha cita que retomará a xuventude local e que acaba programada para o día 8 de xullo.
A programación arranca ás 16:00 horas cun obradoiro infantil dirixido ao público de 4 a 12 anos na praza do Concello a cargo do Centro Pedagóxico Aloumiño. Seguido as 18:00 horas da xa tradicional Ruta de bares amenizada coa charanga Era Visto.
Pola noite, logo das 23:30 horas actuarán La Fórmula e Furia Joven, e farase un sorteo no descanso da orquestra de 500 euros. O que desexe poderá adquirir as rifas durante a ruta de bares.