Palas de Rei acolle o festival Levels Fest 2024 con carácter solidario

LugoXa
O Festival contará coas actuacións da orquestra Paris de Noia, Inmita Palmera, Carlos López, MRJ e Marcos Magán
Levels-Fest-Palas-de-Rei
5 Dec 2024

Palas de Rei acolle, este venres, 6 de decembro, o festival Levels Fest 2024, un evento musical con carácter benéfico que achegará o diñeiro recadado ás persoas afectadas pola DINA en Valencia.

Este festival musical, que se celebra no Polígono de Palas o 6 a partir das 22.30 horas, foi presentado polo alcalde de Palas, Pablo Taboada, xunto co concelleiro Amando Sande, e os organizadores do Festival.

O Festival contará coas actuacións da orquestra Paris de Noia, Inmita Palmera, Carlos López, MRJ e Marcos Magán. As entradas aínda se poden adquirir a través da plataforma de Woutick ou nos locais asociados.

O alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, manifestaba que “é o segundo festival de carácter benéfico que se organiza en Palas de Rei. O primeiro foi en 2023, contra o cancro infantil, e este ano é polos afectados das inundacións a consecuencia da DINA. Este tipo de iniciativas solidarias, sempre axudan a facer máis levadía unha difícil situación, de ahí, agradecer á organización o traballo que están a facer para sacar a diante un festival con gran poder de convocatoria”, argumentou.

0.17162895202637