Palas de Rei cede un novo local a Correos
LugoXa
O pleno do Concello de Palas de Rei, aproba por unanimidade a cesión dun novo local á Sociedade Estatal de Correos.
14 Xul 2021
O pleno do Concello de Palas de Rei, aproba por unanimidade a cesión dun novo local á Sociedade Estatal de Correos para montar unha oficina con tódolos servizos en Palas de Rei.
O acordo, adoptado por unanimidade dos membros da corporación municipal, significará a creación deste novo servizo en Palas de Rei, donde Correos contaba cunhas instalacións obsoletas e que non prestaban o servizo demandado á cidadanía.