Palas de Rei celebra a Festa dos Maiores o 5 de outubro

O Concello de Palas de Rei organiza o vindeiro 5 de outubro a tradicional Festa dos Maiores, unha cita moi esperada polo colectivo da terceira idade do municipio.
A celebración desenvolverase no Polideportivo Municipal e comezará ás 13:00 horas cunha misa solemne. Ás 14:00 terá lugar a comida de confraternización, un momento especial para compartir mesa e conversa.
A continuación, ás 14:30 horas, farase a entrega de premios, recoñecendo a participación e o compromiso das persoas asistentes. A festa pecharase a partir das 17:00 horas cunha actuación musical que animará ao baile e á convivencia.
O Concello de Palas de Rei anima a todas as persoas maiores a participar nesta xornada festiva, pensada para celebrar, unir e recoñecer o seu papel fundamental na vida social e cultural da vila.