Palas de Rei celebra a “Festa dos Maiores” o 5 de outubro

LugoXa
O Polideportivo Municipal acollerá unha xornada de convivencia con misa solemne, comida, entrega de premios e música para homenaxear ás persoas maiores do concello
Festa-dos-Maiores-Palas-de-Rei
12 Sep 2025

O Concello de Palas de Rei organiza o vindeiro domingo 5 de outubro a tradicional “Festa dos Maiores”, unha cita pensada para recoñecer e poñer en valor o papel das persoas maiores na sociedade.

A celebración terá lugar no Polideportivo Municipal e contará cun programa completo de actividades. A xornada dará comezo ás 13:00 horas cunha misa solemne, seguida ás 14:00 horas dunha comida de confraternización que reunirá a veciños e veciñas de diferentes xeracións.

Ás 14:30 horas terá lugar a entrega de premios e, xa pola tarde, a partir das 17:00 horas, o público poderá gozar dunha actuación musical con baile, que porá o broche festivo á celebración.

Dende o Concello destacan que esta festa é unha oportunidade para agradecer a experiencia, sabedoría e dedicación das persoas maiores, ao tempo que se fomenta a convivencia interxeracional.

⚙ Configurar cookies
0.10295081138611