Palas de Rei celebra as festas do Ecce Homo do 11 ao 14 de setembro

LugoXa
O programa inclúe concertos, verbenas, danza tradicional, folk-rock e actividades para toda a veciñanza
presentacion-festas-Palas-de-Rei
9 Sep 2025

As festas patronais do Ecce Homo de Palas de Rei terán lugar do 11 ao 14 de setembro cun amplo programa de actividades que foi presentado polo delegado territorial da Xunta, Javier Arias, acompañado de representantes da comisión organizadora.

Entre os eventos máis destacados atópanse os concertos de El Borrón del Escribano e Pepe Piña o xoves 11, o festival de danza tradicional O palacio do rei o sábado, e o espectáculo de folk-rock a cargo de Queiman e Pousa o domingo.

A programación complétase coas tradicionais verbenas, nas que actuarán orquestras como París de Noia e Los Key, sesións de dj’s, as interpretacións da Coral Polifónica local e da Banda de Música de Guntín, ademais da celebración do Día do Neno.

O venres 13 tamén haberá Cantos de Taberna que, co apoio do Goberno galego, percorrerán diferentes establecementos hostaleiros da localidade para animar a festa.

⚙ Configurar cookies
0.16940903663635