Palas de Rei celebra o San Cristovo

Palas de Rei celebra as festas do San Cristovo. A cita será o vindeiro domingo 14 de xullo a partir das 13.00 horas con misa solemne seguida de procesión e bendición dos vehículos. A partir das 20.00 horas terá lugar a actuación musical do cantante Dani Royo na praza do concello. Xa ás 21.30 horas os asistentes poderán gozar da música da man de Carta de Ajuste tamén na praza do concello.