Palas de Rei celebrará as festas de San Tirso entre o 28 e o 31 de xaneiro

LugoXa
Os actos incluirán misa solemne, concerto coral, xantar comunitario, cantos de taberna e foliada
Coral-Polifónica-Palas-de-Rei
27 Jan 2026

Palas de Rei celebrará a finais de xaneiro as festas na honra a San Tirso, patrón da vila, cun programa que se desenvolverá entre os días 28 e 31 de xaneiro e que combinará actos relixiosos, música tradicional e propostas de convivencia veciñal.

A xornada central terá lugar o martes 28 de xaneiro, día do patrón, cunha misa solemne que se celebrará ás 13:00 horas. A continuación terá lugar un concerto da Coral Polifónica de Palas de Rei e unha sesión vermú baixo o nome de “Polavila”, que servirá como encontro festivo para a veciñanza.

Os actos continuarán o venres 31 de xaneiro cun xantar comunitario que se celebrará ás 14:30 horas na Casa Curro. O menú terá un prezo de 20 euros e o aforo estará limitado a 50 persoas, sendo necesaria reserva previa a través do teléfono 982 88 00 44.

A programación do día completarase a partir das 19:00 horas cos cantos de taberna, nos que participarán grupos das comarcas da Ulloa e Melide. A partir das 22:00 horas celebrarase unha foliada con pinchos na Casa do Outeiro, poñendo o peche festivo ás celebracións de San Tirso 2026 en Palas de Rei.

⚙ Configurar cookies
0.071361064910889