Palas de Rei celebrará as súas festas patronais do 14 ao 17 de setembro
LugoXa
O Concello de Palas de Rei da comezo o próximo mércores 14 de setembro as súas festas do Ecce Homo que durarán ata o domingo.
20 Ago 2023
Palas de Rei celebrará as súas festas patronais os vindeiros 14, 15, 16 e 17 de setembro de 2023. Durante estes catro días de celebración contarán con diferentes orquestras.
Tal como informaron dende a comisión organizadora destas Festas “durante esos días actuarán varias das mellores orquestras do momento como Paris de Noia, Los Satélites, Olympus entre outras”.
Os veciños poden ingresar as diferentes aportacións para estes festexos no número de conta, habilitado pola comisión de festas.