Palas de Rei conta cun campamento este verán
LugoXa
O Concello de Palas de Rei organiza un campamento de verán que se celebrará nos meses de xullo e agosto de luns a venres.
16 Xuño 2023
O Concello de Palas de Rei organiza un campamento de verán que se celebrará nos meses de xullo e agosto. O prazo de inscrición xa está aberto e esta actividade ten como fin principal servir de conciliación para pais e nais traballadores neste tempo de verán.
O horario será de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas empezando o 2 de xullo e rematando o 31 de agosto, xoves.
As persoas que o desexen poden anotarse todo o verán o só un mes. O prezo é de 10,48 para cada neno e cada mes que estean empadroados no concello e para os non empadroados o prezo é de 15,71 euros.
O prazo de inscrición remata o 26 de xuño tendo preferencia os empadroados con ambos pais traballando.
As inscricións realízanse no teléfono 982 380 001.