Palas de Rei conta cunha nova pista deportiva
Palas de Rei conta xa cunha nova pista multideportiva anexa ás instalacións do CEIP Plurilingüe que busca dar servizo tanto ao alumnado do centro educativo como a todo o público en xeral.
Trátase, dunha nova infraestructura deportiva, construida cun moderno céspede de herba sintética, donde os seus usuarios poderán practicar tanto fútbol, como baloncesto. Asentada nunha parcela de 3.000 metros cadrados e que nos vindeiros meses o Concello de Palas ten previsto acomenter as obras de urbanización do entorno e accesos.
A pista multideportiva, foi posible grazas a colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Palas de Rei e a súa execución supón un investimento de 60.000 euros, estará dispoñible en horario lectivo para o alumnado do Ceip e fora dese horario, incluidos os fins de semana, para o público en xeral que desexe practicar estes deportes.