Palas de Rei e Quiroga reciben axudas para reparar infraestruturas danadas polos incendios

LugoXa | RibeiraSacraXa
Palas de Rei e Quiroga reciben axudas para reparar infraestruturas municipais danadas polos incendios forestais rexistrados no verán de 2022
Tese incendios forestais
24 Jun 2023

O Ministerio de Política Territorial acaba de conceder 250.076 euros en axudas para reparar infraestruturas municipais afectadas polos incendios do pasado verán en oito concellos de Galicia. Resolve así a convocatoria publicada o pasado mes de decembro destinada a conceder axudas a entidades locais polos danos causados por distintas emerxencias, entre elas, os incendios forestais.

En Galicia tiñan dereito a estas axudas todos os concellos cuxo territorio foi declarado “zona afectada gravemente pola emerxencia de Protección Civil” polo (ZAEPC) polo Consello de Ministros do 23 de agosto. Entre estas zonas estaban varios concellos galegos afectados por 20 grandes incendios forestais declarados entre o 15 de xullo e o 10 de agosto. Tratábase de 9 lumes na provincia de Ourense; 5, en Pontevedra; 3, na Coruña e 3, en Lugo.

O total do importe destas subvencións destinaranse a executar obras de reparación ou restitución de infraestruturas, equipamentos e instalacións e servizos de titularidade municipal de Galicia. A subvención cubre o 50% do total do custe das reparacións. O Ministerio financiará proxectos nos concellos de Arbo (Pontevedra), Quiroga e Palas de Rei (Lugo), Carballeda de Valdeorras (dous proxectos neste Concello), Oímbra, O Barco de Valdeorras e Rubiá (na provincia de Ourense) e Boiro, na provincia da Coruña.

Así, en Lugo serán dous os concellos que recibirán unha axuda. En Quiroga, un proxecto que ten un orzamento de 25.309 euros será subvencionado con 12.654. En Palas de Rei recibirán unha aportación de 22.375 euros para un proxecto que está valorado en 44.751 euros.

0.10920596122742