Palas de Rei inicia a próxima semana o plan anual de desbroces nas vías municipais

LugoXa
Os traballos abranguerán máis de 450 quilómetros en 43 parroquias durante catro meses
tractor-desbroce-caminos-palas-de-rei
4 Apr 2026

O Concello de Palas de Rei porá en marcha a próxima semana o seu Plan Anual de Desbroces, unha actuación que permitirá intervir en máis de 450 quilómetros de vías asfaltadas repartidas polas 43 parroquias do municipio.

As tarefas desenvolveranse ao longo dos vindeiros catro meses e contarán este ano cun dispositivo formado por catro tractores operativos, encargados das labores de limpeza e prevención. Ademais, o operativo municipal incluirá seis operarios destinados ao desbroce e á limpeza das faixas de protección situadas nos núcleos de poboación.

O alcalde, Pablo Taboada, destacou a relevancia destas actuacións e fixo un chamamento á colaboración cidadá, incidindo en que tamén é fundamental que os propietarios particulares manteñan as súas parcelas limpas e as zonas próximas ás vías de comunicación libres de arboredo, co obxectivo de garantir a seguridade e o bo estado do territorio.

Este conxunto de intervencións conta cun investimento superior aos 100.000 euros por parte da Xunta de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural e da Consellería de Emprego, aos que se suman preto de 36.000 euros achegados polo propio Concello de Palas de Rei.

0.12548017501831