Palas de Rei mellora as sendas peonís en varios puntos do Camiño Francés
O Concello de Palas de Rei e Turismo de Galicia colaboran para mellorar varios puntos do Camiño Francés no seu paso por Palas de Rei.
Estas actuacións, consistentes na mellora das sendas peonis paralelas ó Camiño de Santiago, son moi necesarias para o incremento da seguridade dos miles de camiñantes que fan a ruta xacobea, e tamén, para os veciños e veciñas dos diferentes núcleos ao longo da mesma.
Neste caso, actuase en varios lugares pertencentes a parroquía de Lestedo, en pleno Camiño Francés. As obras, contan cun orzamento de 45.000 euros, aportados integramente pola Xunta de Galicia.
O alcalde, Pablo Taboada, amosou a súa satisfacción e remarcou que durante os primeiros meses do ano 2022, proseguirán os traballos de mellora nas rutas xacobeas en Palas de cara ó vindeiro ano santo. Neste sentido, o rexedor palense precisa a necesidade de ter as dúas rutas que atravesan Palas de Rei (Francesa e Primitiva), nas mellores condicións para o arranque da tempada no mes de marzo.