Palas de Rei mellora o abastecemento de auga en Pidre, Chorexe e Ponte Mercé cun novo pozo

LugoXa
A actuación inclúe a incorporación dun novo pozo situado no campo de Pidre, que permitirá incrementar o caudal en máis de 3.000 litros por hora
area-de-lecer-Pide-Palas-de-Rei
23 Jun 2025

O Concello de Palas de Rei vén de iniciar as obras de ampliación da rede de abastecemento de auga nas parroquias de Pidre, Chorexe e Ponte Mercé.

A actuación inclúe a incorporación dun novo pozo situado no campo de Pidre, que permitirá incrementar o caudal en máis de 3.000 litros por hora, un reforzo esencial para garantir o servizo, especialmente durante os meses de verán, cando se incrementa notablemente o consumo.

O proxecto conta cun orzamento de 18.000 euros, financiados na súa totalidade pola Xunta de Galicia a través do Fondo de Compensación Ambiental, unha liña de axudas destinada a mellorar infraestruturas básicas nos concellos galegos.

⚙ Configurar cookies
0.16909193992615