Palas de Rei mellora os accesos a Marzá e Avieira cun investimento de 95.000 euros

LugoXa
As obras permitirán o aglomerado do camiño que conduce á igrexa de Marzá e á planta de fabricación de pellets e reciclaxe Espomasa Medioambiental
alcalde-Palas-de-Rei-con-Conselleira-Medio-Rural-Xunta
18 Jun 2025

O Concello de Palas de Rei vén de recibir unha achega de 95.000 euros grazas a un convenio de colaboración coa Consellería do Medio Rural, destinada a mellorar o estado de dous viais nas parroquias de Marzá e Avieira.

As obras permitirán o aglomerado do camiño que conduce á igrexa de Marzá e á planta de fabricación de pellets e reciclaxe Espomasa Medioambiental, así como o acondicionamento dos accesos a Berbetouros desde a estrada autonómica que une Palas e Friol.

As intervencións darán comezo a vindeira semana e o alcalde, Pablo Taboada, expresou o seu agradecemento á Consellería pola colaboración, destacando a importancia desta axuda para acometer melloras necesarias na rede viaria do municipio.

⚙ Configurar cookies
0.16752982139587