Palas de Rei ofrece o servizo de Ludoteca durante a Semana Santa

O Concello de Palas de Rei porá en marcha un servizo de Ludoteca durante os días lectivos da Semana Santa, os días 14, 15, 16 e 21 de abril, en horario de 09.00 a 14.00 horas.
O obxectivo é axudar á conciliación familiar das nais e pais que teñan que traballar mentres os seus fillos non teñen clase.
A iniciativa permitirá ás familias contar cun espazo seguro e educativo onde os nenos e nenas poderán desfrutar de diversas actividades mentres os seus proxenitores desenvolven as súas tarefas laborais.
Con esta medida, o Concello pretende apoiar ás familias da localidade, ofrecendo unha opción que facilite a organización das súas rutinas durante este período de vacacións escolares.