Palas de Rei prepara a súa Festa da Xuventude

LugoXa
A cita contará con obradoiros infantís, ruta de bares amenizada por unha charangas e unha verbena
xuventude_palas_de_rei
Festa da Xuventude de Palas
11 Xul 2024

Palas de Rei celebra a décimo sexta edición da súa Festa da Xuventude. A cita será este venres 12 de xullo e contará con obradoiros infantís, ruta de bares, actuación dunha charanga e verbenas. A programación comeza ás 16.00 horas cun obradoiro infantil na praza do Concello organizado polo Centro Pedagóxico Aloumiño e xa ás 18.00 horas terá lugar a ruta dos bares.  Actuará a charanga Era Visto e a partir das 00.00 horas comezará a verbena da man de Origen e Furia Joven.

festa_xuventude_palas
0.13163995742798