Palas de Rei prepárase para abrir as súas piscinas este verán

LugoXa
Todos aqueles que desexen usar as instalacións deberán facer un carné familiar nas oficinas do Concello
piscinas_palas
30 Xuño 2024

Palas de Rei ultima a preparación das súas piscinas municipais para a apertura este verán. A inauguración para esta tempada será o vindeiro 1 de xullo. Todos aqueles que desexen usar as instalacións deberán facer un carné familiar nas oficinas do Concello, que ten un custo de 6,29 para os veciños e 15,71 para os non residentes.

No caso de non contar con este carné, os usuarios deberán pagar unha taxa diaria de 0,52 euros os que sexan veciños do municipio e de 1,05 os non residentes.

0.16889715194702