Palas de Rei prepárase para celebrar as festas na honra de Santa María de Marzá

LugoXa
Haberá tres días de misas solemnes, sesións vermú, verbenas e cea popular
Fogos artificiais
14 Aug 2025

A parroquia de Marzá, en Palas de Rei, acollerá do 15 ao 24 de agosto as súas festas na honra de Santa María, cun programa que combina tradición relixiosa, música e gastronomía.

O venres 15 a xornada comezará coa misa solemne ás 13.30 horas, seguida dunha sesión vermú amenizada polo grupo Tropical. Pola noite, a verbena contará coa actuación de Tropical e o DJ Miguel Zendoy.

O sábado 16 repetirase o esquema festivo, coa misa solemne ás 13.30 horas e a sesión vermú a cargo de Platino. A verbena nocturna terá como protagonistas ao grupo Platino e o DJ Tatami.

As celebracións retomaranse o domingo 24, tamén cunha misa solemne ás 13.30 horas e sesión vermú con Mar de Caión. Ás 21.00 horas terá lugar a cea popular, cun prezo de 15 euros e reserva previa, e a partir de entón continuará a festa coa verbena a cargo de Mar de Caión.

⚙ Configurar cookies
0.17899417877197