Palas de Rei presenta o cartel da súa Festa da Xuventude

LugoXa
A cita contará con obradoiros infantís, ruta de bares amenizada por unha charangas e unha verbena
xuventude_palas_de_rei
Festa da Xuventude de Palas
23 Maio 2024

Palas de Rei presenta o cartel da décimo sexta edición da súa Festa da Xuventude. A cita será o vindeiro 12 de xullo e contará con obradoiros infantís, ruta de bares, actuación dunha charanga e verbenas. A programación comeza ás 16.00 horas cun obradoiro infantil na praza do Concello organizado polo Centro Pedagóxico Aloumiño e xa ás 18.00 horas terá lugar a ruta dos bares.  Actuará a charanga Era Visto e a partir das 00.00 horas comezará a verbena da man de Origen e Furia Joven.

festa_xuventude_palas
0.1442289352417