Palas de Rei programa obras na totalidade das vías municipais por máis dun millón de euros

LugoXa
O Concello de Palas de Rei dentro do Plan Municipal de Obras de Pavimentación ten programadas obras por máis dun millón de euros encadradas en diversos programas ou plans de mellora que comezará a executar en maio e que afectará á totalidade das vías municipais.
9 Abr 2024

O Concello de Palas de Rei dentro do Plan Municipal de Obras de Pavimentación ten programadas obras por máis dun millón de euros encadradas en diversos programas ou plans de mellora que comezará a executar en maio e que afectará á totalidade das vías municipais.

Teñen como obxectivo executar diversas obras consistentes na: mellora do firme, na ampliación de accesos a diferentes núcleos e explotacións agropecuarias, pavimentacións e formigonados en diversas vías titularidade do Concello de Palas de Rei e que afectan a totalidade das parroquias do municipio, tendo un prazo de execución de 12 meses.

Deste xeito, executaranse a pavimentacións na parroquía de Augasantas (A Cernada, Devesa e Bistolfe), os accesos de Pidre a Ponte Mercé e de Ponte Mercé a Chorexe; accesos na Uceira; O Ferradal, Picaña e Xacel; formigonados en Moredo e Castro de Moredo, pavimentación de San Fiz a Hospital das Seixas, formigonados na Puxeda e Guitar; pavimentacións en Ferreira, Filgueira e Vilar de Ulloa, formigonados en Saa e tamén en Carteire e Conguada.

Mellora dos accesos e do pavimento

Ademais levarase a cabo asfaltados en Lestedo, Villaespesa e accesos na Arriba en Lestedo; rexeneración de vías en Alba e Villareda; aglomerados en Avieira, Marzá e Salaia, aglomerados en Berbetouros e Salgueiros de accesos a explotacións en Cubelo e Mosteiro; pavimentacións en Salaia, Vilacoba, Fontedaúde, Orosa, Mato e Santo Xusto; formigonado nos núcleos de Coence, Carballal, Vilar de Remonde, Laia e Santaballa.

Por último, executarase a pavimentacións en Gontá e San Miguel; mellora de vías forestais en Cabana, Pidre e Pambre; pavimentacións en Gontá de arriba, Vilar de Donas e San Xulian do Camiño, formigonados en Vila Xoán e pavimentación en Chouso Vello.

O Goberno local recibirá fondos procedentes: do Fondo de Cooperación FCLR por importe de 288.000 euros procedentes da Xunta de Galicia; 330.000 euros procedentes do Plan Único da Deputación de Lugo; 103.000 euros correspondentes a Agader dentro do Plan Marco de Camiños e accesos a explotacións; 100.000 euros procedentes do PIR (Plan de Infraestruturas da Consellería de Medio Rural); 30.000 euros da Axencia Galega de Turismo de Galicia e 160.000 euros de fondos propios do Concello.

0.11883592605591