Palas de Rei reuniu á súa mesa contra a violencia de xénero

LugoXa
A secretaria xeral da Igualdade tomou parte nunha nova xuntanza semestral da mesa de coordinación contra a violencia de xénero de Palas.
MESA violencia de xenero palas de rei
30 May 2023

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, tomou parte nunha nova xuntanza semestral da mesa de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero de Palas de Rei  na que, ademais da Xunta, está representado o Concello, e representantes locais do eido da sanidade, policial, educativo, de servizos sociais e do Centro de Información á Muller. No curso do acto subliñou a relevancia destes órganos que a Xunta está a dinamizar, como claves na loita contra a violencia de xénero e na detección de posibles casos.

Na xuntanza de hoxe presentouse o traballo previsto por este órgano para o ano en curso que, entre outras medidas, abrirá un espazo de diálogo para compartir as necesidades e planificar novas intervencións no ámbito da prevención e a loita contra a violencia de xénero. López Abella destacou a oferta formativa que a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade está a reforzar, coa celebración das primeiras xornadas en Palas de Rei, “onde xurdiron numerosas propostas”. “A Xunta de Galicia está a intensificar a formación dirixida ás mesas de coordinación, contactando con todos os concellos, con éxito de participación nos lugares onde xa celebramos estes encontros e unha acollida moi positiva”, indicou.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17745900154114