Palas organiza un certame de corais polas Letras Galegas
LugoXa
O Concello de Palas de Rei organiza para mañá un certame de corais na casa da Cultura da localidade acollerá, dende as 20 horas
13 Maio 2022
O Concello de Palas de Rei organiza para mañá un certame de corais. A casa da Cultura da localidade acollerá, dende as 20 horas, os concertos de tres entidades, co gallo do Día das Letras Galegas.
A Coral Polifónica de Palas de Rei xunto a de Meira e á Asociación Cultural Orfeón Xoán Montes daranse cita este sábado para entoar o himno galego que concluirá un programa no que cada agrupación cantará ata catro pezas de música tradicional.