Palas programa saídas aos distintos areais galegos este verán

LugoXa
O Concello de Palas de Rei continúa a dinamizar a oferta cultural e as propostas para este verán.
Imaxe da praia de Santa Cruz
10 Ago 2024

O Concello de Palas de Rei continúa a dinamizar a oferta cultural e as propostas para este verán. Deste xeito, dende o Goberno local programan saídas aos distintos areais galegos para a súa veciñanza. As próximas viaxes, que xa se organizaron durante o mes de xullo, terán lugar este domingo 11 e os días 18 e 25 deste mes de agosto. As saídas terán lugar en todos os casos ás 9.30 horas dende a praza do Concello e baixo un prezo de 4 euros. Os interesados poden pedir máis información e realizar tamén as súas inscricións nas oficinas municipais do Concello de Palas de Rei.

0.20409107208252