Palas Viva organiza unha andaina por Palas de Rei para lembrar o compromiso colectivo contra Altri

O colectivo Palas Viva, da Plataforma Ulloa Viva, organiza unha andaina conmemorativa da histórica manifestación de Palas de Rei do 26 de maio de 2024, que terá lugar este sábado, 24 de maio.
Desde o colectivo din que "esta acción marcou un fito na loita en defensa do noso territorio fronte á ameaza da macrocelulosa de ALTRI".
Así, a saída será ás 11:00 horas dende a Praza do Concello de Palas de Rei, cun percorrido que discorre 10.3 km polo Camiño de Santiago ata a Finca de Quintas, na aldea de A Vacariza.
Esta andaina ten como obxectivo lembrar o compromiso colectivo de hai un ano, cando milleiros de persoas saíron ás rúas para defender as súas comarcas, as súas augas, as súas terras e o seu futuro. "Foi un acto de dignidade, de unión e de esperanza que queremos manter vivo na memoria e na acción", destacan.