Panamá, o grupo Beatriz e o mago Roberto Lolo estarán nas patronais das Nogais

LugoXa
A celebración comeza o venres 2 con churrascada popular seguida de verbena
fogos-artificiais-festas-patronais
Foto recurso
31 Xul 2024

As Nogais celebra as súas patronais os días 2, 3 e 4 de agosto. A celebración comeza o venres 2 con churrascada popular baixo un prezo de 15 euros por persoa seguida de verbena coa orquestra Panamá e o Dj Adolfo Valiño. O sábado haberá sesión vermú do Dúo Estrelas e a cuarta edición do Trial 4x4 Vía Künig a partir das 16.00 horas.

A verbena estará amenizada polo grupo Beatriz e o dúo Estrellas e tamén o Dj Adolfo Valiño. A romaría continúa o domingo con misa solemne, procesión da man da asociación Abrente e sesión vermú coa Charanga TNT. A partir das 17.00 horas, os asistentes poderán gozar de xogos populares na praza do Concello e de sesión de tarde coa Charanga TNT polos bares da vila. Tamén actuará, a partir das 20.30 horas, o mago Roberto Lolo na praza do Concello.

patronais_as_nogais
0.17235207557678