Papá Noel visita locais adheridos á Asociación Lugo Monumental

LugoXa
"Se algo ilusiona nestes días aos nenos é poder ver a Papá Noel e con esa intención Lugo Monumental preparoulle unha magnífica vestimenta asinada pola deseñadora lucense Montse Arias", explican
Papa-Noel-Lugo
17 Dec 2024

Papá Noel está a visitar, durante esta semana, locais adheridos á Asociación Lugo Monumental cunha vestimenta creada por Montse Arias.

"Se algo ilusiona nestes días aos nenos é poder ver a Papá Noel e con esa intención Lugo Monumental preparoulle unha magnífica vestimenta asinada pola deseñadora lucense Montse Arias", explican desde a Asociación.

As características do traxe, que segue unha liña tradicional, pero con tecidos e materiais de gran altura, marcan unha diferenza que é a que se pretende transmitir desde os locais de proximidade do centro histórico: exclusividade, tradición, atención e sobre todo calidade.

Durante os próximos días Papá Noel visitará varios locais da Asociación, podendo consultarse o calendario de visitas na web da Asociación.

⚙ Configurar cookies
0.10688185691833