Paradai celebra este fin de semana as súas festas patronais con música e actividades

LugoXa
A programación inclúe a actuación de DJ Kiko Rivera, verbena, concentración de coches clásicos e descontos nos carruseis para o Día do neno
kiko-rivera
11 Sep 2025

O barrio lucense de Paradai celebra este fin de semana as súas festas patronais, organizadas pola asociación de veciños co apoio da Xunta de Galicia.

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, reuniuse con membros do colectivo veciñal, encabezados polo seu presidente Christian Fernández, para presentar os detalles dun programa que combina música, tradición e actividades para todos os públicos, destacando a actuación principal do popular DJ Kiko Rivera o sábado pola noite.

As celebracións arrancarán o venres pola tarde coa apertura dos carruseis e o pregón a cargo de María Isabel Ferreiro, directora do CEIP Paradai. A continuación terá lugar unha churrascada popular e a verbena, que contará coa actuación de Tania Veiras e a Disco Móbil Impacto con DJ Son1c.

O sábado celebrarase unha concentración de coches clásicos, sesión vermú, espectáculo da escola de baile Gravitty e un percorrido musical de Tambukada polas rúas do barrio antes de dar paso á verbena, na que tamén actuarán o grupo Pekados e a cantante Ruth Cundís.

O domingo os carruseis celebrarán con descontos o Día do neno. A xornada comezará coa música do grupo de gaitas Os Xílgaros, mentres que a sesión vermú correrá a cargo do dúo Estrellas e o DJ Adolfo Valiño.

CONSULTA A PROGRAMACIÓN COMPLETA DAS FESTAS

⚙ Configurar cookies
0.14165496826172