Paradai, en Lugo, prepárase para catro días de festas

LugoXa
O barrio de Paradai, en Lugo, estará de festas do xoves 21 de ao domingo 24 de setembro na honra a San Mateo.
paradai festas portada
17 sep 2023

O barrio de Paradai, en Lugo, estará de festas do xoves 21 de ao domingo 24 de setembro na honra a San Mateo.

O xoves a xornada dará comezo ás 16.00 horas coa apertura dos carrueseis e ás 20.00 horas será o pregón.

Ás 22.00 horas dará comezo a verbena a cargo de Dj Marcos Magán que, ademais será o encargado de amenizar o fin de festa e, ás 23.30 horas dará comezo a verbena co grupo Beatriz.

O venres a apertura dos carruseis e a verbena terán o mesmo horario pero, nesta ocasión, será o dúo Eclipse o que amenice a sesión xunto ao Combo Dominicano e ambos os dous farán dous pases.

O sábado, de 10.00 horas a 13. 00 horas, organizarase a Ruta de Coches Clásicos e a apertura de carruseis será ás 13.30 horas, seguido da sesión vermú con Punto Clave, que actuará, ademais, na verbena das 22.00 horas e á 1.30 horas.

De 18.30 a 20.30 horas haberá unha actuación de tambucada e escola de bailes para rematar con fogos artificiales.

As actuacións de Pili Pampín, Punto Clave e Dj Casanova serán os que poñan fin á xornada do sábado.

o domingo, o pasarrúas irá dan man de Gaiteiros Os Xilgaros de Lugo que, ademais, actuarán  na praza ás 13.00 horas. Media hora despois será a apertura dos carruseis e a misa solemne, seguida dunha sesión vermú a cargo do grupo De Tres e, como homenaxe ao día do neno, haberá barracas a metade de prezo de 17.00 horas a 21.00 horas.

paradai festas
0.18643689155579