Parroquias de Castroverde e Baralla rende homenaxe ao seu párroco
Este domingo, 22 de setembro, as parroquias Agustín e Páramo, de Castroverde, e Arroxo, Guimarei e Villachambre, de Baralla, nas que José Patao Diéguez estivo a servir, renden homenaxe a este sacerdote a quen os veciños senten xa como uno máis. Tras un comezo un tanto abrupto do seu merecido descanso por mor dunha caída, chega agora o momento de agradecer un labor de tantos anos.
“O acto contará con dous momentos”, explica un dos actuais párrocos, Nicolás Susena. “Nun primeiro instante e antes de comezar a Eucaristía, na igrexa de San Miguel de Páramo, don José descubrirá unha placa que lembrará o seu paso por estas parroquias. Ademais, un dos agasallos será unha casulla que os propios fregueses coa que algúns fregueses van revestir”.
Tras este primeiro momento darase paso á celebración da Misa que terá lugar na mesma igrexa de San Miguel de Páramo e será presidida polo Bispo da Diocese de Lugo, don Alfonso Carrasco, e contará coa presenza de varios sacerdotes da zona e de todos aqueles fregueses e amigos de don José que queiran sumarse ao devandito momento.
“Levamos tempo preparando este momento con moita ilusión e desexo por parte de todos os fregueses. Creo que don José merécese este xesto, sinxelo á vez que profundo, de cuantos camiñaron con el ao longo de todos estes anos”, conclúe Susena.
A celebración de homenaxe terminará cunha comida no restaurante Pereira de Castroverde á cal é necesaria a inscrición previa.
Un adeus accidentado
Unha caída de don José provocou a súa marcha repentina das parroquias para ser intervido e poder recuperarse. A provisionalidade dos novos párrocos terminou por converterse no seu nomeamento como párrocos a finais de marzo e á súa presentación posterior con motivo do inicio da Semana Santa. Por iso agora haberá ocasión de homenaxear e agradecer a don José o seu labor e de que senta o agarimo de quen non puideron despedirse del no seu momento.