Parte da veciñanza de Lugo pide que o novo auditorio leve o nome de Fuxan os Ventos
Parte da veciñanza de Lugo vén de promover unha campaña como petición na páxina web Change.org para promover que o novo auditorio leve o nome do grupo de música Fuxan os Ventos.
“É importante para min que se valorice e se recoñeza a nosa cultura local, polo que merece a pena recoñecer o gran legado do grupo de música Fuxan os Ventos. Con máis de medio século a súa espalda, este conxunto, que contou con quince mulleres entre os seus membros, deixou unha pegada indelébel na nosa comunidade”, sosteñen na petición.
Así, opinan que o novo auditorio debería leva un nome popular e colectivo, así como poñer en valor o papel da muller na sociedade. E tamén, cren, recoñecer a contribución ao idioma galego. Ademais, debe conter o apoio da sociedade, por iso puxeron en marcha esta iniciativa a través dunha petición que xa se pode firmar.