Parte do alumnado alemán de intercambios educativos foi recibido no Concello de Lugo

LugoXa
Os estudantes expresaron o seu interese por aprender galego e profundizar na cultura local
alumnado-alemán-Concello-de-Lugo
10 Apr 2025

Parte do alumnado de orixe alemana que actualmente participa no intercambio co alumnado dos IES Nosa Sra dos Ollos Grandes e Sanxillao foi recibido esta semana na Casa do Concello de Lugo.

A recepción, organizada polas autoridades locais, serviu para darlles a benvida e para ofrecerlles unha visión máis profunda da historia e a cultura lucense.

Durante a súa visita, os edís resaltaron a rica historia da cidade de Lugo, facendo especial mención á súa Muralla Romana, Patrimonio da Humanidade, e outros elementos de valor histórico que forman parte do patrimonio local. Ademais, presentaron a ampla oferta cultural da cidade, que inclúe desde as salas de museos ata a variada programación de actividades para todas as idades nos auditorios Gustavo Freire e Fuxan os Ventos.

O alumnado, que se atopaba en Lugo grazas a este intercambio educativo, tamén tivo a oportunidade de coñecer de primeira man as instalacións da Casa Consistorial. Durante a visita, explicouse o funcionamento do goberno municipal e a importancia do traballo institucional no desenvolvemento da cidade.

Os estudantes expresaron o seu interese por aprender galego e profundizar na cultura local. Moitos deles mostraron o desexo de integrarse activamente na comunidade lucense e manifestaron o seu interese por seguir aprendendo sobre a nosa lingua. Neste sentido, a posibilidade de establecer novas vías de colaboración a través da Casa das Linguas foi abordada, co fin de facilitar a formación en galego e reforzar o compromiso do goberno coa integración lingüística.

O tenente alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, subliñou a importancia de iniciativas como esta para fortalecer os lazos entre culturas. “Recibir xente de países tan diversos é unha oportunidade para compartir experiencias, dar a coñecer o noso patrimonio e aprender tamén das súas culturas, contribuíndo ao desenvolvemento dunha cidade máis inclusiva, dinámica e conectada co mundo”, afirmou Arroxo, destacando o valor do intercambio cultural na construción dunha cidade global.

⚙ Configurar cookies
0.15763688087463