Patrimonio dos Ancares atopa un castro e unha mámoa en Friol

TerraChaXa | LugoXa
Integrantes do Colectivo Patrimonio dos Ancares fixeron pública a documentación de dous novos xacementos arqueolóxicos en Friol.
mamoa e castro en friol patrimonio ancares
18 Jan 2022

Integrantes do Colectivo Patrimonio dos Ancares fixeron pública a documentación de dous novos xacementos arqueolóxicos que estaban sen catalogar no concello de Friol, ambos situados preto da aldea do Carballal, na parroquia de Vilalvite.

Un deses achado é unha mámoa situada a 480 metros de altitude, con medidas de 18 metros de diámetro e 1,2 de altura. No centro do túmulo vese un cráter de violación aberto para buscar inexistentes tesouros. A súa antigüidade foi datada en 6.000 anos, pertencente ao período Neolítico.

A 200 metros da anterior atoparon un castro da Idade do Ferro que aínda conserva o topónimo de A Castronela. Erixido a 476 metros de altitude, presenta forma ovalada, cunhas medidas de 90 por 75 metros. Conserva parte do sistema defensivo en todo o seu perímetro.

Este colectivo púxose en contacto tanto co Concello de Friol como coa Área de Medio Rural da Deputación Provincial de Lugo para facerlles coñecedores destes restos arqueolóxicos debido ao anuncio conxunto de que se ía acondicionar unha área recreativa situada entre a mámoa e o castro. Considera o colectivo, que estes achados "serían un valor engadido para a zona" e solicitan que os sinalicen.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.14832496643066