Paula Alvarellos e Jorge Bustos visitaron o Club Fluvial de Lugo

LugoXa
A rexedora municipal asinou no libro de ouro da sociedade deportiva e interesouse por proxectos futuros do Club Fluvial de Lugo
Concello-de-Lugo-e-Club-Fluvial
19 Nov 2024

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, e o concelleiro de Xuventude e Deportes, Jorge Bustos, visitaron as instalacións do Club Fluvial de Lugo, onde foron recibidos por varios integrantes da xunta directiva, encabezada polo seu presidente, Tito Valledor e polo seu vicepresidente, Luís Ramos Misioné.

A rexedora municipal asinou no libro de ouro da sociedade deportiva e interesouse por proxectos futuros dunha entidade, da que destacou que “ten un gran peso non só desde o punto de vista deportivo, senón tamén social”, ao tempo que puxo en valor “o feito de que sexa a terceira entidade con maior número de socios de toda Galicia”.

Pola súa banda, os integrantes da xunta directiva do Fluvial de Lugo fixeron entrega á alcaldesa da figura de cerámica de Sargadelos, que representa ao edificio primixenio do club, que foi obxecto dunha importante ampliación hai uns oito anos e que na actualidade conta cuns 17.000 socios.

0.19963002204895