Os integrantes de Fuxan os Ventos foron recibidos na Casa do Concello de Lugo

Paula Alvarellos recibiu aos integrantes de Fuxan os Ventos no marco dos actos previos á inauguración do Auditorio Fuxan os Ventos, que se celebrará este venres; a pesar de que o Goberno de Alvarelos propuxera como opción de nome para o auditorio Darío Xohán Cabana.
Durante o encontro, a rexedora puxo en valor a traxectoria do grupo musical, fundado en Lugo en 1972, e o seu legado na cultura galega.
"O nome deste auditorio é unha homenaxe ao seu labor pola nosa identidade colectiva", destacou. A alcaldesa avanzou que na xornada inaugural, na que estarán presentes os integrantes de Fuxan os Ventos, descubrirase unha placa conmemorativa co nome da instalación.
"Con este acto, Lugo reforza o seu compromiso coa cultura e coa música galega, poñendo en valor unha das súas figuras máis emblemáticas", subliñou.