Paula Alvarellos reuniuse co presidente do COETG para falar da conectividade no rural
A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, mantivo unha reunión institucional co presidente do Colexio de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia, COETG, José Manuel Martínez Pérez, na que abordaron a celebración das próximas actividades do colectivo na cidade de Lugo como os retos aos que se enfrontan estes profesionais para acadar a mellora da conectividade nos núcleos rurais galegos.
A rexedora municipal sinalou que “o traballo destes profesionais é clave para garantir as comunicacións e desta forma xerar novas oportunidades económicas e sociais no rural”.
Paula Alvarellos tamén se interesou pola marcha deste órgano colexial, constituído no 2004, e polas actividades que desenvolverán nas vindeiras datas, así como polos retos de futuro que moven a este colectivo, entre os que se atopan estender a cobertura móbil e a banda ancha, como vías para a erradicación da fenda dixital, ao tempo que se avanza na implantación da fibra óptica, o 5G, a conexión por satélite e o internet das cousas.
Paula Alvarellos sinalou que “o obxectivo de garantir a conectividade nos núcleos rurais tamén é prioritario para este Goberno local; no caso do municipio se están a dar importantes avances cos que mellorar a cobertura da telefonía móbil”.