Paula Alvarellos reuniuse cos veciños do barrio da Calzada da Ponte

LugoXa
A rexedora defendeu a necesidade de manter un contacto estreito coa veciñanza
reunion-vecinos-calzada-da-pote
Reunión dos veciños coa alcaldesa
17 Xul 2024

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos; e a concelleira de Cohesión Territorial, Ana Abelleira; mantiveron unha reunión cos veciños de Calzada da Ponte na Casa do Concello, onde se trataron temas clave para a contorna como a regulación do tráfico circulatorio e a renovación de mobiliario urbano. Este encontro reflicte o compromiso do Executivo de Alvarellos coa escoita e a colaboración estreita co tecido asociativo e os representantes veciñais.

"A mellor forma de desenvolver políticas que respondan ás necesidades reais dos veciños e veciñas é manter un contacto estreito e continuo para poder tomar medidas efectivas e eficientes", destacou a alcaldesa Paula Alvarellos durante a reunión. Este tipo de encontros subliña a importancia de manter un diálogo aberto e constante coa cidadanía para mellorar a calidade de vida en todos os barrios da cidade. Pola súa banda, a edil de Cohesión Territorial destacou que “o obxectivo destas reunións é coñecer de primeira man as necesidades da veciñanza de todas as zonas para así poder realizar un estudo de diagnóstico e, á súa vez, confeccionar un plan de traballo que responda as prioridades e demandas sociais específicas de cada área”.

0.16619801521301