Paula Alvarellos tomou posesión como alcaldesa de Lugo

LugoXa
Paula Alvarellos, a tenente de alcaldesa de Sostibilidade Urbana e Recursos Internos do Concello de Lugo con Lara Méndez, foi investida este xoves alcaldesa de Lugo despois de que Méndez deixara o seu cargo para entrar como número 2 da lista de candidatos de José Ramón González Besteiro á Xunta de Galicia.
toma posesion paula alvarellos alcaldesa lugo1111
18 Jan 2024

Paula Alvarellos, a tenente de alcaldesa de Sostibilidade Urbana e Recursos Internos do Concello de Lugo con Lara Méndez, foi investida este xoves alcaldesa de Lugo despois de que Méndez deixara o seu cargo para entrar como número 2 da lista de candidatos de José Ramón González Besteiro á Xunta de Galicia.

A xa nova alcaldesa de Lugo recibiu o bastón de mando da alcaldesa saínte, Lara Méndez logo dun caluroso abrazo e tras xurar o seu cargo cun sonriso que amosaba algo de nervos.

A votación previa non tivo sorpresas, xa que Paula Alvarellos obtivo os votos de socialistas e nacionalistas sumando a maioría absoluta necesaria para gobernar, tal e como se esperaba, xa que o BNG amosou a súa intención de manter o pacto entre ambos os dous partidos.

No seu primeiro discurso como alcaldesa, cun salón de plenos ateigado, que tivo que ampliarse ao salón de comisións, dedicou os primeiros minutos aos agradecementos, empezando polos seus compañeiros de partido, cun longo recoñecemento ao labor de Lara Méndez, así como á decisión de Miguel Fernández de apartarse da sucesión.

Na lista de agradecementos non faltaron os socios de Goberno, a oposición e os funcionarios deixando as palabras máis agarimosas para a súa familia.

Nunha segunda parte do seu discurso, Paula Alvarellos falou de futuro e prometer a liña programática do seu partido e impulsar as grandes obras que están paradas como a praia fluvial ou o Museo da Romanización, así como traballar para modernizar as infraestruturas da cidade, tanto en obras como en sectores como a sanidade e a educación.

Prometeu manter unha comunicación directa coa cidadanía e dar  "o mellor de min, actuando con lealdade e coa razón".

Ao finalizar, foi felicitada por todos e cada un dos membros da corporación, así como por todos os presentes entre os que se atopan os máximos representantes doutras institucións, como o Deputación ou a Subdelegación de Goberno.

O CAMBIO

A decisión de quen lideraría a cidade deuse a coñecer ao día seguinte ao cese de Lara Méndez ao mesmo tempo que se comunicaba que Miguel Fernández, concelleiro de Medio Ambiente e número 2 da lista socialista, renuncia a asumir a Alcaldía para ostentar a área de Vías e Obras da Deputación Provincial. Ambos os dous presentaron en todo momento unha fronte unida.

O cambio na Alcaldía no suporá ningún cambio no convenio que existe co BNG para a gobernanza de Lugo, tal e como comunicaron tanto a alcaldesa saínte como o tenente alcalde nacionalista Rubén Arroxo, que foi durante estes dez días o primeiro alcalde nacionalista da cidade de Lugo.

0.13752102851868