Pechan a piscina grande da Peneda en Monterroso tras atopar excrementos na auga

LugoXa
O peche, decretado en plena ola de calor, obrigou a desaloxar aos bañistas para realizar unha desinfección integral e cumprir coa normativa sanitaria
piscina-Monterroso-pechada
12 Aug 2025

O Concello de Monterroso viuse obrigado a pechar de maneira inmediata a piscina grande da Área Recreativa da Peneda e a desaloxar a todas as persoas usuarias despois de que, a primeira hora da tarde, se detectasen excrementos na auga. A incidencia prodúcese en pleno mes de agosto, coincidindo cunha ola de calor e cunha elevada afluencia ás instalacións.

Nada máis coñecerse o achado, e seguindo o protocolo establecido pola normativa sanitaria, o goberno local decidiu clausurar temporalmente o vaso para levar a cabo unha desinfección integral da auga e previr calquera risco para a saúde.

Dende o momento do incidente, procedeuse a hiperclorar a auga para garantir a súa desinfección, ademais de iniciar as análises bacteriolóxicas necesarias para descartar a presenza de microorganismos nocivos. Segundo o protocolo, e sempre que non se rexistren novos problemas, a piscina volverá abrir con normalidade.

⚙ Configurar cookies
0.25644207000732